Mañá martes sairemos ás rúas en defensa do dereito a decidir e contra a resolución do Tribunal Constitucional que vén de suspender a consulta en Catalunya, admitindo a trámite por unanimidade os recursos presentados polo goberno español, e cuxa decisión invalida a Lei de consultas catalá aprobada por amplísima maioría no Parlament e suspende o decreto de convocatoria do referendo do 9 de novembro.
España pretende abafar máis unha vez as arelas de democracia e liberdade dos pobos oprimidos. Non o consintamos, solidariedade cos Països Catalans!
Ás 20hs nos seguintes puntos:
A CORUÑA: OBELISCO
LUGO: SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO
PONTEVEDRA: PRAZA DA PEREGRINA
FERROL: PRAZA DO HIMNO GALEGO
COMPOSTELA: PRAZA DO TORAL
BURELA: PRAZA DA MARIÑA
OURENSE: PRAZA MAIOR
VIGO: MARCO
PONTEAREAS: DIANTE DO CONCELLO