Este documento contén as principais condicións xerais que rexen o acceso e o uso, así como coa privacidade das usuarias e usuarios, nos sitios e servizos en liña Galiza Nova. É de aplicación para todos os sitios e servizos de Galiza Nova na internet en que apareza esta declaración ou que inclúen unha ligazón a ela. Sitios e servizos dos que é titular o Bloque Nacionalista Galego, con domicilio social na Avenida Rodríguez de Viguri, 16 baixo, 15703, Santiago de Compostela.
Todas as alusións feitas no presente aviso ao Bloque Nacionalista Galego (a partir de agora BNG) serán extensibles a Galiza Nova como a súa organización xuvenil, e viceversa.
O uso do sitio web ou servizo en liña respectivo implica a expresa e plena aceptación destas condicións xerais na versión publicada no momento en que a usuaria ou usuario acceda ao mesmo, sen prexuízo das condicións particulares que puidesen aplicarse a algúns dos servizos concretos dos sitios ou servizos web. As citadas Condicións serán de aplicación independentemente das Condicións Xerais de Contratación que no seu caso resulten de obrigado cumprimento.
Identificación e contacto do titular da web.
A través do presente Aviso Legal, informámoslle que a páxina web con URL www.galizanova.gal é propiedade de Galiza Nova, organización xuvenil do BNG e asociación xuvenil con personalidade xurídica propia e CIF G15221252. O domicilio social está situado na rúa do Home Santo, 54 baixo, 15703, Santiago de Compostela (Galiza).
Datos de contacto:
Teléfono: +34 981569086
Correo electrónico: nacional@galizanova.gal
Resumo da política de privacidade.
Galiza Nova, como organización xuvenil do BNG, infórmalle que todos os datos facilitados a través de formularios electrónicos e/ou mediante correo electrónico serán tratados con estrita confidencialidade de acordo co disposto no Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679, e informámoslle de que ten vostede dereito de acceso ao ficheiro, rectificación, cancelación ou oposición dos seus datos, podendo exercitar tales dereitos enviando por escrito unha solicitude a:
Galiza Nova
Rúa do Home Santo, 54 baixo
15703 Santiago de Compostela (Galiza).
Ou mediante correo electrónico a: nacional@galizanova.gal
Galiza Nova comprométese ao uso responsable e confidencial dos datos, garantindo que os datos dos usuarios trataranse de acordo coas esixencias legais, e que tan só serán utilizados por Galiza Nova e polo BNG co propósito indicado de comunicación, información e administración.
Os datos solicitados son os adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e finalidades. O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose Galiza Nova o dereito a excluír dos servizos rexistrados a toda usuaria ou usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións legais que poidan proceder.
Mediante o envío dos formularios existentes nestas webs ou mediante o envío dunha mensaxe de correo electrónico, o remitente presta o seu consentimento ao tratamento automatizado dos datos incluídos no mesmo. En calquera caso os datos facilitados non serán obxecto de cesión a terceiros.
Aceptación por parte da usuaria ou usuario.
As webs e servizos en liña de Galiza Nova proporcionan o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en diante, “os contidos”) en Internet pertencentes a Galiza Nova, aos que a usuaria ou usuario pode ter acceso. A usuaria ou usuario asume a responsabilidade do uso das webs e servizos en liña. Dita responsabilidade esténdese ao rexistro que fose necesario para acceder a determinados servizos ou contidos. No devandito rexistro a usuaria ou usuario será responsable de achegar información veraz e lícita. Como consecuencia deste rexistro, á usuaria ou usuario pódeselle proporcionar un contrasinal da que será responsable, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial da mesma.
A usuaria ou usuario comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que Galiza Nova ofrece a través da súa web e entre outros se obriga a non empregalos para
- incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública;
- difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, homófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos, ou calquera outra forma de discriminación non permitidas pola nosa lexislación;
- provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de Galiza Nova, dos seus provedores ou de terceiras persoas; introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados;
- tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutras usuarias ou usuarios e/ou modificar ou manipular as súas mensaxes.
Sobre a información persoal e a privacidade.
Galiza Nova está comprometida con protexer a privacidade das usuarias e usuarios das súas webs; queremos contribuír á defensa do dereito fundamental á protección de datos que é a capacidade que ten toda galega e todo galego para dispor e decidir sobre todas as informacións que se refiran ao pobo galego; para iso cumprimos escrupulosamente o Dereito Europeo, o Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679 e da súa normativa de desenvolvemento, estando obrigado a protexer o tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas que son as usuarias ou usuarios das nosas webs ou que acceden aos nosos servizos en liña, especialmente en relación coa súa honra e intimidade persoal e familiar. Para iso desenvolvemos os requisitos técnicos necesarios que garantan o tratamento confidencial dos datos, evitar a súa perda, alteración e acceso ou uso fraudulento.
Galiza Nova infórmao de que todos os datos persoais que nos facilite a través de formularios electrónicos, mediante correo electrónico, inscrición e/ou subscrición aos servizos do sitio web, serán tratados con estrita confidencialidade tal e como esixe o Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679. Neste sentido garantimos que o tratamento destes datos efectúase baixo os niveis de seguridade establecidos na Lei e que impiden a súa manipulación ou uso e acceso non autorizados por parte de terceiros que o poidan utilizar para finalidades distintas para as que foron solicitados.
Todos os datos persoais que nos acheguen serán incluídos nun ficheiro debidamente inscrito no Rexistro da Axencia de Protección de Datos, cuxo titular e responsable é o Bloque Nacionalista Galego.
Os datos persoais, como o seu correo electrónico, nome, dirección postal onde resida, número de teléfono; información demográfica: idade, xénero, preferencias e intereses, código postal… que se pidan ás usuarias ou usuarios dos distintos sites e servizos en liña de Galiza Nova terán como única finalidade prestar os servizos para os que se soliciten, e manter cos usuarios unha comunicación fluída, enviando a través de calquera medio (correo postal ou electrónico, teléfono fixo ou móbil, SMS, MMS, Internet, WhatsApp, etc.) a información que consideramos útil e as noticias máis importantes da nosa actividade política; en particular as accións relacionadas con campañas electorais, candidaturas, convocatorias, actos públicos e discursos e presenza dos nosos cargos orgánicos e institucionais, etc. En todo caso Galiza Nova e o BNG son os únicos destinatarios dos datos e esta información poderá ser utilizada para xestionar a administración da web ou realizar estudos estatísticos de natureza interna e de carácter estritamente confidencial.
A usuaria ou usuario garante que os datos persoais que facilita son veraces e correctos, e Galiza Nova resérvase o dereito a excluír dos servizos do sitio web a toda usuaria ou usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito. Os Menores de idade deberán obter o permiso dos seus pais, titores ou representantes legais para poder acceder aos servizos prestados.
Galiza Nova non se responsabiliza no caso de que os datos sobre este tema sexan inexactos ou falsos.
Galiza Nova pode combinar a información recibida por parte da usuaria ou usuario desde diferentes sitios e servizos en liña de Galiza Nova e do BNG, ou recompiladas mediante outros servizos de Galiza Nova e do BNG; coa finalidade de ofrecer unha atención máis personalizada e un mellor servizo.
Galiza Nova non comparte a súa información de contacto con terceiros con fins comerciais, só baixo a súa petición e autorización poderemos enviarlles información de terceiros a través dos sitios en liña ou mediante correo electrónico, sempre enviado por nós. En ocasións, outras empresas contratadas por Galiza Nova ou polo BNG poderán proporcionar servizos determinados; as mesmas só poderán obter datos persoais de vostede estritamente para proporcionar o servizo correspondente. Galiza Nova e o BNG esixiranlles igual cumprimento na protección de datos segundo esta Política de Privacidade.
En calquera momento pode solicitar a baixa de recepción de información enviada polos nosos sistemas, así como a baixa dos nosos rexistros. Para iso atopará en todos os correos electrónicos que reciba pola nosa banda unha ligazón ou un correo electrónico que lle permitirá solicitar a baixa correspondente. Tamén será posible solicitar a baixa a través de áreas privadas de sitios web desde as que se poderán facer modificacións dos datos así como a solicitude de baixa. A baixa do servizo ou baixa dos seus datos persoais na nosa base de datos, producirase no menor tempo necesario para executar a súa solicitude.
Desde Galiza Nova perseguirase a veracidade dos datos, tentando a actualización dos mesmos en relación á situación do afectado. Se os datos de carácter persoal rexistrados resultasen ser inexactos, en todo ou en parte, ou incompletos, serán cancelados e substituídos de oficio polos correspondentes datos rectificados ou completados.
Cookies na web www.galizanova.gal.
Este sitio web pode empregar as seguintes cookies:
As cookies de sesión son memorizadas e unicamente teñen validez temporal. Estas cookies non gravan de forma permanente ningunha información no disco duro do seu ordenador.
O obxectivo principal das cookies de navegación é evitar ofrecerlles recomendacións non afíns aos seus intereses e ofrecerlles propostas comerciais dirixidas e personalizadas.
Estas cookies de navegación basean a súa utilidade no seguimento temporal da navegación por Internet. A usuaria ten a posibilidade de eliminar este tipo de cookies antes de iniciar a navegación por outras páxinas do sitio web.
As cookies estatísticas permiten coñecer a seguinte información:
O sitio web pode empregar a información da súa visita para realizar avaliacións e cálculos estatísticos sobre datos anónimos, así como para garantir a continuidade do servizo ou para realizar melloras nos seus sitios web. Dita información non será empregada para ningunha outra finalidade.
En determinadas ocasións podemos ofrecer a través da nosa páxina web contidos de terceiros (por exemplo vídeos inseridos en YouTube ou servizos análogos). Estes terceiros poden instalar cookies que escapan do noso control.
Sen prexuízo do anterior, a usuaria ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu equipo. Porén, a desactivación das cookies pode afectar ao correcto funcionamento de determinadas seccións da páxina web.
Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información:
Modificacións.
Co fin de mellorar as prestacións do sitio web, Galiza Nova resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar, ampliar ou suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos da web, de forma unilateral. Así mesmo, resérvase o dereito de modificar en calquera momento as presentes condicións de uso así como calquera outras condicións particulares.
Ligazóns.
As ligazóns contidas no sitio web www.galizanova.gal poden dirixir a páxinas web de terceiros. Galiza Nova non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que puidesen aparecer nos devanditos sitios, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación algunha entre Galiza Nova ou o BNG e ás persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopen.
Lexislación e xurisdición aplicable.
A relación entre Galiza Nova e o BNG e o usuario rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos xulgados e Tribunais da Coruña.