Axuda a impedir o desafiuzamento de Elisabeth na Coruña

Cada día os desafiuzamentos deixan sen teito a moitas/os galegas/os. Esta vez volve a ser na cidade da Coruña onde peta a policía para botar da súa casa a Elisabeth Sanles, unha muller nai de tres fillos e con escasos 200 euros para vivir que non pode facer pagamento do alugueiro da súa casa.

Achégate ás dúas mobilizacións que xa están convocadas, na Rúa Antonio Noche, nº30 (O Castrillón)

Luns 7, ás 20.30h, concentración e vixilia.

Martes 8, ás 9h, concentración de apoio e resistencia.

Por considerar que esta medida é inxusta, por defender que todo o mundo ten dereito a ter unha vivenda e que, no caso de non poder seguir pagándoa, a hipotéca debe anularse (a chamada dación en pago que defendeu o BNG), chamamos á mocidade a achegarse para deter esta barbarie!! Os poderes públicos non poden mostrarse indiferentes e a sociedade tampouco!

Axuda a difundir!