Este xoves 12 de febreiro Galiza Nova e o BNG de Compostela organizaremos un acto reivindicativo para demandar a execución do proxecto inicial de construción de vivenda destinada ao alugueiro para xente nova en Xoán XIII. Queremos contar contigo nesta acción coa que pretendemos evitar a un novo caso de especulación urbanística. O acto será ás 17:00 horas en Xoán XXIII.
Desde Galiza Nova rexeitamos o cambio de proxecto de vivenda protexida en alugueiro destinada á mocidade, por outro que só vai beneficiar as persoas ricas e os intereses dun construtor. Loitamos contra a especulación , máxime nestes momentos nos que medran as desigualdades sociais, se imposibilita á mocidade emprender proxecto de vida propios, e centos de persoas mozas son tamén desafiuzadas na Galiza.
Desde Galiza Nova rexeitamos a política urbanística que favorece a especulación e esiximos que se execute o proxecto inicial para crear 40 vivendas de protección pública para menores de 35 anos en Xoán XXIII.