Basta de persecución dos nosos símbolos

1 Na tarde deste mércores, durante o paso da Vuelta na Coruña, militantes da nosa organización e do BNG foron identificad@s ao disporse a estender unha bandeira de Galiza. Foron interceptad@s pola policía española, quen impediu esta acción e procedeu á súa identificación.

Noutros puntos, outros grupos de militantes conseguiron burlar a súa vixilancia e estender bandeiras para reivindicar que Galiza é unha nación.
Non é a primeira vez que as forzas españolas requisan bandeiras galegas, como puido ser anteriormente en partidos do Obradoiro ou do Deportivo en Valladolid.

Desde Galiza Nova continuaremos con máis forza a chamar a portar simboloxía poli2galega durante eventos deportivos e especialmente durante as etapas da Vuelta que restan, porque non van conseguir ocultarnos coma pobo!