Na tarde deste xoves concentrarémonos coa Plataforma Galega en Defensa de Ensino Público diante do Consello Escolar de Galiza (San Roque, Compostela) perante a reunión na que este órgao tratará o currículo da FP Básica que o Goberno prevé implantar o vindeiro curso escolar.
Ás 16.30hs a Plataforma concéntrase esixir a paralización da aplicación da LOMCE e en concreto dos currículos das etapas que pretenden que entren en vigor o vindeiro curso escolar: FP Básica e primaria, pois son uns currículos baseados en principios mercantilistas e academicistas, que se afastan da aprendizaxe da realidade cultural e histórica de Galiza, impregnados de ideoloxía neoliberal e catolicista, que afonda no ensino clasista.
O ensino é un dereito e non un privilexio!