A nosa organización participará este martes na concentración convocada pola BDS-Galiza contra o concerto da cantante Noa, intérprete que publicamente e de forma reiterada ten defendido a campaña xenocida do estado de Israel contra o pobo palestino. Desde Galiza Nova rexeitamos que se financie con cartos públicos de tod@s nós a estratexia coa que Israel pretende proxectar unha imaxe internacional normalizada a través dos seus axentes culturais.
Ademais da defensa pública por parte da cantante das accións bélicas do exército israelí, Noa é obxectivo das críticas internacionais e mesmo de sectores israelís pola súa actuación anunciada para o vindeiro Día de Xerusalén, data marcada especialmente pola violencia contra o pobo palestino con motivo da celebración do aniversario da ocupación.
Participa da concentración contra a campaña israelí! Acode á concentración ante o concerto de Noa, este martes ás 20.15hs na Cidade da Cultura.
Paz e liberdade para palestina!!!