Caderno de Formación Nº1

En pleno 2026, a intensificación do xenocidio en Palestina, o aumento do gasto militar ou as operacións de inxerencia na Venezuela constitúen só algúns exemplos do contexto internacional de crise e conflito que estamos a vivir. Ao mesmo tempo, a progresiva normalización do discurso da guerra a través dos medios de comunicación, das institucións e mesmo das redes sociais procuran un estado das cousas favorábel ao panorama bélico a través da desinformación e a ocultación das súas verdadeiras causas.

Neste contexto e entendendo a formación política como a mellor ferramenta para interpretar a realidade, dende Galiza Nova elaboramos este caderno co obxectivo de achegar algunhas chaves para comprender o fenómeno do imperialismo, como se manifesta no mundo actual e que consecuencias ten para unha nación dependente como a nosa.

Partindo dos debates mantidos na pasada Xornada de formación Antimilitarista en Vigo, estas páxinas tratarán de ofrecer as ferramentas teóricas para interpretar as dinámicas internacionais dende unha perpectiva antiimperialista, pois a loita pola emancipación social e nacional do noso pobo non se pode disciar do marco xeral imperialista en que vivimos. Agardamos que este caderno contribúa a ese obxectivo e sirva para crear unha conciencia crítica entre a mocidade organizada.

Podes descargalo directamente aquí:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *