Cambre, Culleredo, Betanzos, UdC… Seguimos!

f4      A caravana da Mocidade Galega Galiza estivo a difundir en Cambre, Culleredo, Betanzos e no campus da Coruña o PLAN RETORNA, o plan específico que o BNG presenta no seu programa electoral e que está dirixido a fomentar as condicións necesarias que permitan a volta a Galiza das persoas emigradas, particularmente as mozas e mozos menores de 35 anos e que inclúe as seguintes medidas:

Elaborarase -con participación social e sectorial- un conxunto de medidas dirixidas á volta da nosa mocidade emigrada para traballar en Galiza, con medidas tanto específicas como transversais aos sectores a reactivar para favorecermos a recuperación da nosa xuventude emigrada. Así, as medidas comprenderán axudas directas a empresas que contraten a galegos/as que retornan, con especial atención ao retorno de de investigador@s e tecnólog@s emigrados, un programa de bolsas para a ampliación de estudos e un fondo de vivendas en aluguer, que terán entre os seus destinatarios prioritarios as persoas retornadas. Os programas a levar a cabo serán os seguintes:

f3PROGRAMA DE RETORNO DE INVESTIGADOR@S E TECNÓLOG@S EMIGRADOS.
As políticas dos gobernos do PP levan provocando unha forme emigración de mozas e mozos galegos, especialmente os máis formados. Será unha prioridade para o BNG impulsar o seu retorno mediante unha liña de axudas específica que favoreza que centros de investigación contraten a investigador@s e tecnólog@s que nestes intres se atopan emigrados, mediante a subvención parcial e gradual do seu custo laboral.

PROGRAMA DE INCORPORACIÓN LABORAL EN SECTORES ESTRATÉXICOS.
Dentro dunha visión priorizada da nosa economía na cal se definen sectores estratéxicos, este programa axudas á contratación nestes sectores das persoas actualmente emigradas.

PROGRAMA DE APOIO ÁS EMPRESAS MANUFACTUREIRAS E INDUSTRIAIS PARA A LOCALIZACIÓN DE EMPREGO, CON ATENCIÓN Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS RETORNADAS.
O Goberno apoiará a reversión de procesos de deslocalización empresarial, das empresas auxiliares en sectores importantes da economía, como o téxtil ou a automoción, reservando na creación de emprego incentivos para a contratación de persoal retornado, especialmente con perfil técnico e experiencia laboral.

f6PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO A TRAVÉS DE CAPITAL RISCO PARA O EMPRENDEMENTO OU A CREACIÓN DE EMPRESAS POR PERSOAS RETORNADAS.
A través das liñas de apoio de capital risco e avais dos instrumentos financeiros da Xunta, reservaranse liñas específicas para incentivar a creación de empresas ou emprender de xeito autónomo a actividade profesional de persoas que retornen a Galiza.

PROGRAMA DE VIVENDAS EN ALUGUER.
Dentro da aposta do BNG por impulsar vivendas de aluguer a diferentes colectivos, existirá unha liña específica destinada ao aluguer de vivendas das mozas e mozos que retornen ao país.

PROGRAMA DE AMPLIACIÓN DE ESTUDOS.
Este programa dotará de dotará bolsas de estudo a aquelas persoas retornadas que queiran incrementar a súa formación no ensino público de Galiza.