Campaña de mobilidade

Asistir a aulas, ir ao traballo, á compra, ou ao médico. Todo son cuestións esenciais no día a día de calquera persoa, mais non se poden facer a pé. Na realidade galega, pola nosa xeografía e a nosa forma de habitar o territorio, a mobilidade é un recurso esencial. O actual modelo obríganos a depender do transporte individual, en favor duns beneficios para o lobby do transporte: algo insostíbel económica e ambientalmente.

No caso da mocidade, cunha estabilidade económica moito mais minada, fai con que grande parte do noso diñeiro teña que destinarse a combustíbeis, peaxes e demais. Entendendo que isto é apenas o gasto do que se parte para desenvolver calquera actividade vital.

Desde Galiza Nova queremos abrir un debate e avanzar: a mobilidade é un dereito, e debe ser garantido. Así o contemplamos no documento de mobilidade do Plan Galiza Nova. Estaremos ao longo do territorio galego, reivindicando as necesidades específicas de cada comarca e pelexando por un transporte colectivo, verde, sostíbel e ao servizo das maiorías sociais e non dun entramado económico mafioso.

Porque a mobilidade é un dereito!