CEIBES, voceiro comarcal de Galiza Nova Pontevedra

A asemblea comarcal de Galiza Nova na comarca de Pontevedra-Caldas lanza como cada ano polo 17 de Agosto, Día da Galiza Mártir o seu voceiro comarcal, o Ceibes. Nel achéganse análises das cuestións máis de actualidade como é a recente creación da Asemblea LGTBI de Galiza Nova ou o referendo de autodeterminación que se celebrará o vindeiro 1 de outubro. Do mesmo xeito tamén se inclúe un repaso de todas as actividades que realizamos na comarca ao longo destes meses.

Podes descargalo premendo aquí