CERTAME DE FOTOGRAFÍA: AS MULLERES DERRUBAMOS O CISHETEROPATRIARCADO

BASES

  1.  Poderá concorrer ao certame calquera persoa menor de 30 anos.
  2. Cada persoa poderá presentar unha ou varias fotografías, até un máximo de tres imaxes por autoría.
  3. As imaxes recibidas serán publicadas na páxina web así como nas redes sociais de Galiza Nova. A obra gañadora e máis as dúas finalistas serán publicadas ademais no voceiro Mocidade. 
  4. As 10 fotografías que obteñan máis reaccións nas redes sociais participarán nunha exposición itinerante. 
  5. A fotografía gañadora está premiada cun lote de libros de temática LGBT e un lote de material da organización. As dúas obras finalistas recibirán cadanseu lote de material de Galiza Nova. 
  6. As obras aspirantes serán inéditas na súa totalidade e non premiadas noutros concursos. A temática será centrada no lema da nosa campaña do Orgullo: As mulleres derrubamos o cisheteropatriarcado.
  7. As obras deben presentarse baixo pseudónimo xunto con outro documento no figurarán os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos da persoa autora da obra; idade, enderezo electrónico e teléfono de contacto.
  8. Os traballos deberanse enviar por correo electrónico a asemblealgbt@galizanova.gal, indicando no asunto: Certame de fotografía. Prazo de envío: até o 28 de xuño de 2020.
  9. Resolución do certame: Computarase por unha banda o número de reaccións obtidas nas imaxes subidas ás redes sociais (Facebook e Instagram) así como a valoración dada por un xurado composto por diferentes persoas do eido cultural galego e a loita LGBT. A resolución farase pública o 1 de xullo a través das redes sociais de Galiza Nova.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *