Chamamos a participar das concentracións contra o golpe de estado na Venezuela

No pasado mércores asistimos a un intento de golpe de estado na Venezuela, no que o opositor Juan Guaidó se autoproclamou presidente sen ser elixido democraticamente. Este golpe contou co recoñecemento internacional de Estados Unidos, que dende o comezo da revolución bolivariana ten interese en que esta remate, así como de Bolsonaro e outros líderes imperialistas.

O pobo Venezolano leva anos sufrindo o bloqueo por parte dos Estados Unidos, constantes ataques á súa soberanía e múltiples intentos de golpe de estado por parte da oposición. Desta volta, os Estados Unidos incluso ameazaron ao goberno lexítimo da Venezuela cunha invasión militar se non aceptan a Guaidó como presidente.  Atopámonos ante un novo ataque á soberanía dos pobos por parte dos Estados Unidos, pois as intervencións  en pobos como Siria ou Irak non foron suficiente para saciar as súas ansias imperialistas. Isto sucédese nun contexto onde o avance da ultradereita en Latinoamérica e no mundo, amenaza á clase traballadora cada vez con máis virulencia.

Desde Galiza Nova sumámonos ás concentracións propostas pola plataforma internacionalista Mar de Lumes e chamámos á mocidade galega a sumarse a estas, en defensa da soberanía do pobo venezuelano e en apoio á Revolución Bolivariana.

Consulta as concentracións:

  • Vigo: Mércores 30 ás 20.00h, Praza da Princesa.
  • Compostela: Xoves 31, ás 20.00h, Praza do Toural.

GALIZA CON VENEZUELA!
ANTIIMPERIALISTAS SEMPRE!