Co BNG derribamos a precariedade laboral

ACTO CONTRA EMIGRACION XUVENIL1 - copiaDenunciamos máis unha vez a precariedade, o paro e a emigración xuvenil, que fixo coller a maleta a 90.000 moz@s da Galiza.

Moz@s de Galiza Nova xunto á Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, denunciamos a precariedade, o paro e a emigración que afecta á mocidade. 90.000 mozos e mozas colleron as maletas desde que Feijóo chegou á Xunta, “isto é como se desaparecera toda a poboación de Compostela”, comparou Ana.

Nunha figurada carreira de obstáculos, -salarios de miseria, paro, emigración, lei mordaza, feminicidio, desigualdade-, a organización xuvenil do Bloque denunciamos cunha perfomance a “falta de futuro” da xente moza. denunciando todas as políticas que se impoñen desde a UE, do Estado e desde o goberno galego.

“Queremos botar abaixo todos eses obstáculos que impoñen as políticas da UE, do Estado e da propia Xunta”, explicou o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, “pensamos que para iso o primeiro paso ten que ser que este país volva ter voz en Madrid tras o 26X”.

O BNG ten un programa alternativo que recolle a derrogación das reformas laborais do PP e do PSOE, supresión das empresas de traballo temporal, eliminación de subvencións ao emprego precario e un plan específico para poñer Galiza a producir e xerar emprego e riqueza.

“Facemos un chamamento a que este domingo se vote por darlle futuro a este país, por darlle voz propia ás galegas e galegos, porque todo se vai xogar nun puñado de escanos e a representación do BNG pode ser decisiva para a conformación do futuro goberno do Estado e aproveitalo a favor de Galiza”, concluíu Pontón.CloSOXjWkAI8O2a