Vídeo do coloquio con Hassanna Aalia (Fronte Polisario)

Galiza Nova organizou un coloquio con Hassanna Aalia, no que participaron máis de 150 persoas que amosaron a súa solidariedade con este mozo activista saharaui, que foi condenado a cadea perpetua por un tribunal militar marroquí logo de ter tomado parte nos protestos do campamento de Gdeim Izik, o “campamento da dignidade”, para esixir o cumprimento dos dereitos humanos e contra a ocupación marroquí.