Coloquio con Ana Miranda sobre a situación das persoas refuxiadas

CARTAZ REDONDELA REDESPara coñecermos máis e analizar a situación das persoas refuxiadas na Unión Europea e os intereses políticos e económicos da UE, convidámoste ao coloquio que terá lugar este martes 22 de marzo en Redondela. Será ás 20h na casa da Cultura. A UE e Turquía asinan un pacto polo que se devolverá a Turquía ás persoas refuxiadas cando estas intenten entrar en Europa, facendo así que todo o seu percorrido por sobrevivir da guerra e da miseria que a propia UE contribúe a provocar,non sirva para nada, acabando por ser enviadas aos países dos que precisamente foxen.

Dende Galiza Nova organizamos este coloquio para afondar nestes temas, coa participación de Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova, e Ana Miranda, Eurodeputada do BNG, que recentemente visitou o campo de refuxiad@s de Calais, en Francia, polo que aproveitará para contarnos de primeira man como aconteceu e se desenvolveu esta situación.

Haberá tamén coloquio aberto entre o público e analizaremos como os Estados Unidos, Isarael, a Unión Erupea e España levan a guerra, a morte, a destrución e a miseria a diversos países para alcanzar os seus obxectivos xeoestratéxicos e espoliar os seus recursos naturais, particularmente o petróleo.

Afganistán, Iraq, Libia… e agora é a Siria. Os EUA e aliados seus armaron e alentaron o terrorismo na Siria, incluído o chamado Estado Islámico.

Destes temas, e dos pobos agredidos en especial o Kurdistán, e da loita pola paz, o antiimperialismo e a soberanía nacional dos pobos, falaremos nos coloquios que Galiza Nova organiza en Redondela.