Participa este venres do coloquio sobre represión e resistencia antifascista que Galiza Nova organiza este venres 20 de febreiro ás 20h no Bar Batallón (Churruca). Baico o título “Represión e resistencia dende 1936 até 2015” o acto contará coa participación de Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova, e Luis Bará, profesor e divulgador da memoria histórica, e logo teremos un coloquio para todas participarmos. Esta iniciativa da Asemblea Comarcal de Vigo de Galiza Nova coincide coa recente negativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e do PP e PSOE de Vigo de retirar a cruz fascista do Castro.
Anímate a asistir. Difunde!
#GzAntifascista