COLOQUIO SOBRE A ESPECULACIÓN CO HOSPITAL VELLO

O vindeiro xoves, 9 de febreiro, ás 20h desde Galiza Nova organizaremos un coloquio na Facultade de Filosofía sobre a venda do Hospital de Galeras, propiedade da USC, coa participación de Rubén Cela, portavoz do grupo municipal do BNG en Santiago, e Elba Casal, militante de Galiza Nova Compostela.

Con este coloquio Galiza Nova pretende non só amosar a mocidade de Santiago a situación de especulación que vivirá o vello hospital, como consecuencia da súa recalificación para pasar da propiedade pública ás mans das empresas privada. Esta decisión foi tomada a través da alianza de Compostela Aberta, PP e PSOE no Concello, sendo o BNG o único que se opuxo á recalificación do edificio.

Este acto amósase como unha acción máis na liña combativa contra á especulación urbanística levada a cabo por Galiza Nova Compostela, despois do despregamento dunha faixa no propio Hospital de Galeras co lema “Non á especulación urbanística. O Hospital Vello para uso social”.