Compañeira de Galiza Nova nega saúdo ao SX de Política lingüística na entrega de premios

A compañeira de Galiza Nova Andrea Martíns negou o saúdo ao secretario xeral de Política Lingüística da Xunta cando lle foi entregado o diploma á calidade lingüística que outorga a Universidade de Compostela aos traballos fin de mestrado.

Ao tempo, portaba ás súas costas un cartaz co lema “Xunta, menos postureo e máis apoio real para o galego” denunciando os ataques contra a lingua galega que exerce diariamente a Xunta do PP.