Compostela non merece este goberno!!

A disolución da corporación municipal é a única saída ao escándalo de corrupción co que o PP está a castigar á cidade de Compostela, como esiximos hoxe diversas organizacións galegas diante do edificio do concello.

Foron até sete as imputacións nunha nova causa xudicial aberta contra o Goberno municipal do PP, que se unen ás cinco anteriores polo desfalco a Facenda de Conde Roa, operación Pokemon, operación Manga, caso Carril e caso das facturas falsas. Así, 10 dos 13 membros do grupo do PP están imputados, a maiores dos xa dimitidos Conde Roa, Albino Vázquez Aldrei e Ángel Espadas.

A solución pasa por unha rexeneración democrática que pase pola dimisión de todas as persoas imputadas e pola disolución da Corporación e convocatoria de novas eleccións municipais.

Fóra a corruPPción do goberno de Compostela!