COMUNICADO CONXUNTO: TRANS* ORGULLOSXS AUTODETERMINACIÓN DE XÉNERO!

O 2021 foi un ano de crise sanitaria, económica e social. Ante esta situación, a precariedade do colectivo LGBTI+ agravouse e a vulnerabilidade de moitas persoas que forman parte do colectivo LGBTI+ aumentou. Se xa eramos un colectivo con dificultades para acceder ao mundo laboral, discriminado na súa contorna familiar e social, insultado e menosprezado, o contexto de crise só provocou un incremento desta subalternidade. Con todo isto, este foi un ano de retrocesos respecto aos dereitos e, en especial, para as persoas trans*. Cando falamos de persoas trans* temos que poñerlles cara e ollos: altas taxas de desemprego, patoloxización da súa identidade de xénero, violencia física e cultural… En definitiva, un colectivo que foi relegado ás marxes do sistema e que loitou para saír, con visibilidade e orgullo.

Parecía que este ano tiñamos que dar pasos cara adiante. Non obstante, o que debía ser un momento para acadar a autodeterminación de xénero e ter unha lexislación que garantise as condicións de vida digna das persoas trans* convertiuse nun momento reaccionario e de retrocesos. Non é ningunha sorpresa que a extrema dereita se opoña a garantir a igualdade de toda a cidadanía. Agora ben, determinados sectores que se fan chamar socialistas e progresistas do goberno do Estado posicionáronse en contra dos dereitos LGBTI+, paralizando así a Lei Trans prevista. Os soberanismos do Estado deron o paso, sabendo que os pobos se crean con dereitos e igualdade: desde as periferias, uníronse cos movemientos sociais para levar una proposición de lei ao Congreso. Debido aos votos do PSOE, hai un mes que se volveu paralizar. Mentres, as vidas das persoas trans* dos nosos pobos seguen sufrindo e sen ter unha resposta legal.

Quíxose confrontar os dereiTos das persoas trans* cos dereitos conseguidos por parte do feminismo, facendo ás personas trans* inimigas da loita pola emancipación das mulleres e non unhas aliadas necesarias. Esta visión colleu forza nos medios de comunicación e discursos políticos. O resultado foi un incremento da violencia cultural e sistémica cara as persoas trans*, que ven cuestionada a súa realidade cada día en televisores, redes e parlamentos. Nós, como organizacións de esquerdas, feministas e soberanistas, cremos que é un erro pensar que os dereitos cun colectivo exclúen os dereitos do resto: os dereitos suman e multiplican, non restan nin dividen. E xa o demostramos, agora e sempre.

Por todo isto consideramos chave visibilizar a loita trans*, a cal foi orixe e motor da liberación LGBTI+. As organizacións asinantes sabemos que debemos aliarnos para combater un sistema opresor, que temos que facer unha fronte común sendo conscientes das opresións de xénero, sen xerarquizar as violencias, senón téndoas todas en conta. Por este motivo, hoxe, ás portas do Día do orgullo, as organizacións soberanistas xuvenís nos poñemos a carón da comunidade LGBTI+ e os dereitos das persoas trans* e reclamamos unha vez máis unha Lei Trans*. Fixémolo nos nosos pobos, facendo leis innovadoras e punteiras. Agora é a hora de seguir e avanzar construíndo pobos libres de opresións. A mocidade soberanista alza a voz para constituír o berro de todas as loitas: por unha vida digna para todas as persoas, autodeterminación de xénero! # SeráLei

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *