Desde Galiza Nova amosamos o noso rexeitamento á decisión xudicial que inhabilita Arnaldo Otegi como candidato nas vindeiras eleccións ao Parlamento vasco así como a súa exclusión das listas por parte da Xunta electoral de Guipuzkoa en execución da devandita sentenza.
A decisión, claramente política, reflicte o interese dos poderes políticos e xudiciais españois por torpedear o proceso de paz iniciado en Euskal Herria así como supón unha mostra máis das limitacións do actual sistema xurídico e político estatal posto a disposición dos intereses doa partidos e poderes españois.
En defensa da democracia non podemos máis que amosar o noso apoio a Otegi e a EH Bildu.