Concentración contra a presenza de Feijoo na UdC

Este venres 7 inaugúrase o curso académico no Reitorado da Universidade da Coruña (na Maestranza), coa presenza de Alberto Núñez Feijoo.
Galiza Nova apoia a concentración que terá lugar alí, ás 11:45, para amosar o rexeitamento da mocidade galega contra as políticas de recortes no ensino do Partido Popular.
Desde Galiza Nova xa nos temos mobilizado contras estas medidas, que degradan o ensino público (aumento das taxas universitarias, redución de profesorado, subvención pública a centros privados, incluso aos que segregan ao alumnado por sexo,…)

É por iso que se che convoca no Reitorado da UdC (na Maestranza) o venres 7 ás 11:45.