CONCENTRACIÓN DE SOLIDARIEDADE COA VENEZUELA BOLIVARIANA

venezuelaPerante ao intento golpista do goberno ianqui e da dereita sobre a Venzuela, Galiza Nova chama á mocidade galega a participar da concentración de solidariedade coa revolución bolivariana que terá lugar en Vigo sobre o lema `Venezuela respéctase’ este martes ás 20 horas diante do MARCO en Vigo.

O noso compromiso estivo e estará sempre cos pobos que loitan pola independencia e a soberanía como ocorre en Venezuela desde o trunfo do Comandante Hugo Chávez.

Os aliados do imperialismo e a oligarquía transnacional veñen desenvolvendo todo tipo de estratexias e malas armas para desestabilizar o proxecto político que representa o movemento bolivariano tanto para Venezuela como para o conxunto de América Latina. Unha tarefa para a que encontraron aliados tamén no propio país.

Non obstante, en Galiza Nova estamos seguras de que ningún plan escuro e vil poderá coa forza dun pobo que loita, conscientemente, pola súa dignidade e liberdade.

Temos a certeza de que o proceso revolucionario bolivariano e a construción da Patria Socialista é imparábel.