Concentracións polo 25 de novembro

Este sábado é 25 de novembro, Día Internacional contra o terrorismo machista. Como todos os días do ano, é necesario visibilizar a violencia que sufrimos as mulleres polo mero feito de selo. A violencia contra as mulleres aparece en diversas formas, mais todas e cada unha de nós a sufrimos durante as nosas vidas. Por isto saímos un ano máis á rúa, por todas as mulleres que loitan cada día contra as agresións do patriarcado.

Consulta as mobilizacións:

Ourense – 19:00h diante do C.C. Ponte Vella
Vigo –  20:00h dende a Farola de Urzàiz
A Coruña –  19:00h no Obelisco
Compostela– 20:00h dende a Praza 8 de Marzo
Ferrolterra–  18:00h polideportivo San Valentín (Fene)
Arzúa – 19.30h entrada principal do Multiusos