No día de hoxe terán lugar en toda Galiza concentracións en apoio ao pobo catalán, para amosar o rexeitamento ás accións antidemocráticas e represivas do estado español en Catalunya. Por medio da Plataforma Galiza con Catalunya, da que formamos parte, chamamos a toda a mocidade a acudir ás concentracións que terán lugar nas seguintes cidades:
– Ferrol, 20:30h na praza Amada García, diante do Edificio da Xunta.
– Lugo, 20:00h diante da Subdelegación do Goberno.
– A Coruña, 20:00h diante da Subdelegación do Goberno.
– Compostela, 20:30h na Praza do Toural.
– Vigo, 20:00h na Farola de Urzáiz.
– Pontevedra, 20:00h diante da Subdelegación do Goberno
– Ourense, 20:30h diante da Subdelegación do Goberno
De novo, a Plataforma Galiza con Catalunya, convoca unha manifestación nacional para o vindeiro sábado 30 de setembro en apoio ao pobo catalán e ao seu dereito a decidir. Esta manifestación sairá ás 12:00h da Alameda, na cidade de Compostela.