Concentracións contra a represión en Catalunya

Galiza Nova chamamos ao conxunto da mocidade galega a participar das mobilizacións convocadas hoxe pola Plataforma Galiza Con Catalunya en repulsa e rexeitamento dos ataques ás liberdades e á vontade democrática expresada polo povo catalán o 1 de outubro que se atopa agora mesmo intervido polo réxime policial e xudicial español.

Isto deixa claro que o sistema persegue sen descanso o único movemento que puxo en perigo o statu quo do estado español nas últimas décadas, o proceso catalán cara a súa independencia, e por extensión, todos os movementos de liberación nacional.

Dende Galiza Nova chamamos a participar das mobilizacións na Galiza e apoiamos as realizadas en Catalunya, pois só acadando a liberdade dos nosos respectivos pobos poderemos rachar co réxime postfranquista español.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *