Este ano a nosa organización cumpre 30 anos e celebrámolo realizando a campaña 30 anos de Loitas dentro da cal preparamos unha edición especial do noso voceiro Mocidade, unhas xornadas de formación arredor da historia da organización e un acto de homenaxe a Rosalía e Castelao, entre outras moitas cousas.
Dende a comarca de Lugo decidimos celebralo cunha xornada festiva, por iso vos convidamos a pasarvos esta noite de Samaín polo Furancho Folk-Rock, que tamén celebra o seu segundo aniversario.
Podedes acercarvos o Mércores 31 a partir das 23h a disfrutar coas actuacións de Tinta Rebelde + Kali AKA La Negra, Filophóbicas e Os amigos do Caldeiro.
Esperámosvos na Rúa Falcon, 16. E non vos esquezades de traer os vosos instrumentos se queredes continuar coa foliada despois dos concertos!!