Concerto pola lingua na Pobra

 No marco da campaña nacional de lingua Rebélate, fala galego comezamos unha serie de actos que dende a festa visibilizan a loita por vivir no noso idioma. Este venres a Asemblea Comarcal de Galiza Nova na Barbanza organiza un concerto pola lingua na Pobra do Caramiñal.

Este venres 5 de maio a partires das 20:30 chega aos Xardíns de Valle Inclán da Pobra do Caramiñal o photocall da campaña de lingua que visibiliza os dereitos que reclamamos para vivirmos plenamente na nosa lingua, e para acompañalo teremos a XeVa, Aiden GZ e DJ Rits cunha sesión de rap en galego. Non o perdas!!