Concerto-vermú con The Lelli Kelly’s

O próximo domingo día 20 ás 12:30h na praza da Veiguiña de Marín (fronte ao local do BNG), achégate ao concerto vermú organizado por Galiza Nova O Morrazo en conxunto co BNG de Marín. Neste concerto pola lingua galega contaremos coa presenza do grupo moañés The Lelly Kell´s, un grupo de Rock and Roll en galego que nos fará bailar e desfrutar da xornada e recentes gañadores do concurso Novos Valores do Festigal.

Este vermú pola lingua galega está enmarcado dentro da campaña de lingua de Galiza Nova “Rebélate, fala galego” coa que pretendemos levar o noso idioma a todas as capas da nosa sociedade, facendo fincapé na necesidade de que a xente nova use o noso idioma como lingua vehicular para o seu día a día. O galego é a nosa lingua, riqueza inmaterial do noso povo. Dende Galiza Nova, coa campaña “Rebélate, fala galego”, organizamos por todo o país distintas actividades para reivindicar o uso do noso idioma e tamén para combater frontalmente os ataques que o galego segue a padecer por parte da Xunta de Galiza e do goberno do estado español. A asemblea comarcal de Galiza Nova o Morrazo así como o BNG do Morrazo demandamos unha política lingüística adecuada para o noso país, que non ataque ao noso idioma e que facilite que a nosa mocidade viva en galego.

Achégate a tomar uns petiscos con nós e a desfrutar da música dos The Lelli Kelly´s!