Constitución da nova Asemblea LGBTI

Asemblea LGBTI

Este sábado día 10 de decembro tivo lugar a Asemblea Constituínte da nova Asemblea LGBTI de Galiza Nova. Seguindo os mandatos da XIV Asemblea Nacional, este novo órgano será o continuador do traballo desenvolvido pola Comisión de Liberdades Sexuais e Diversidade de Xénero. A asemblea escolleu a Iria Carreira como Responsábel e representante na Dirección Nacional, e ás compoñentes da Mesa Nacional, que estará constituída pola propia Iria Carreira, María Bará, Faia Bermello, Paulo Queiruga e Alexandre Garrido.

Esta Asemblea constitúese co cometido de ser o maior órgano de decisión de Galiza Nova en materia LGBTI, e co compromiso de organizar campañas nacionais neste eido e estender o traballo a tódalas comarcas do País, descentralizándoo das principais cidades. Tamén se fixa o compromiso de colaborar activamente coa Asemblea de Mulleres e participar do tecido asociativo LGBTI existente. Do mesmo xeito, acordamos que a formación da nosa base militante e simpatizante debe ser prioritaria.

Nesta nova etapa seguimos camiñando cara o obxectivo de erradicar o cisheteropatriarcado da nosa sociedade, polo que a loita LGBTI non quedará relegada de ningún xeito a unha cuestión secundaria e será transversal na nosa acción diaria en tódolos ámbitos.