Construamos xunt@s o futuro! Ven á asemblea aberta de mocidade en Betanzos

betanzosAs mozas e mozos de Betanzos tamén organizan unha asemblea aberta de mocidade! Será este xoves 6 ás 18h no Parque Pablo Iglesias. Particpa, debate, propón e actúa! Todo isto e máis é fundamental para construírmos futuro para a xente nova en Betanzos, para construírmos ao mesmo tempo desde todos os concellos do País unha Galiza con futuro para a mocidade.

Convidámoste a participar este xoves 6 de novembro, no Parque Pablo Iglesias, nun encontro aberto no que podermos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como a falla de oportunidades para vivir na nosa terra, o desemprego xuvenil, os retrocesos en igualdade, dereitos e liberdades… e buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación a mocidade poida vivir, estudar e traballar con dignidade.

Debate, propón, actúa,

vémonos este xoves!!!