CONSTRUAMOS XUNT@S O FUTURO! VEN Á ASEMBLEA ABERTA DE MOCIDADE EN MUROS

MUROSEstesábado ímonos xuntar @s moz@s nacionalistas de Muros para tomar algo e intercambiar opinións sobre o que está a acontecer en Galiza e en Muros. Anímaste? Ven tomarlle unha e participa do debate, cóntanos como ves ti a situación, propón iniciativas, e coñece o noso punto de vista sobre o que está a pasar, e o que queda por pasar para xuntas e xuntos buscar as alternativas que a mocidade precisamos.

Agora é o momento de dar un paso adiante. E, en Muros, tes a oportunidade de participar! Cambiemos xunt@s o presente, construamos xunt@s o futuro na Nosa Terra!