Aumenta aínda máis o paro e a precariedade xuvenil na Galiza!

Até un 6,3% aumentou a taxa de paro xuvenil rexistrado na Galiza respecto do anterior mes. A pesar de que xa son máis de 80 000 as persoas mozas que non atopan traballo na Galiza, os últimos datos feitos públicos polo Ministerio de Emprego, cifran en 17 004 as mozas e mozos menores de 25 anos que se rexistraron nas oficinas públicas de emprego da Galiza (antigos INEM). Unha cifra por tanto, que só sinala o incremento do paro xuvenil rexistrado, polo que lle hai que sumar os milleiros de mozas e mozos que perden o emprego e non se anotaron ao paro, ou @s que aínda non accederon ao seu primeiro posto laboral e ou non se apuntaron ao paro.

DEREITOS-CARTAZ-A3 GNBNG

O número total de persoas rexistradas nos servizos públicos de emprego na Galiza durante o mes de outubro aumentaron en 7.492, (incremento dun 2,87% en relación ao mes de setembro). Así, o total de desempregad@s (rexistrad@s, non totais!!) son 268.225 segundo o Ministerio de Emprego.

E como non? A taxa de incremento de outubro volve ser superior na Galiza que en España, onde sube un 1.84%.

A esta situación lamentábel, da que non coñeceremos os verdadeiros datos reais pois visualizarían a realidade da situación de miseria e alarma social pola que o pobo galego atravesa, só lle faltan as declaracións do Presidente da Patronal Española, que como dixera ao se faceren públicos os datos de paro rexitrado no pasado curso, “precisábanse crear miniempregos para a xente moza aínda que fosen dunha hora”.

Queremos traballo digno na nosa Terra!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *