Continuamos denunciando a Lei Mordaza

Galiza Nova Reparto Lei MordazaAmordazad@s, membros de Galiza Nova e o BNG denunciamos a Lei Mordaza e a política represiva do PP contra o nacionalismo e o movento social, ao tempo que informamos ao estudantado no campus universitario de Compostela sobre os ataques que supón esta lei.

Membros de Galiza Nova, xunto ao candidato á alcaldía de Compostela polo BNG-Asembleas Abertas, Rubén Cela, e as membros da caniddatura Goretti Sanmartín e Concha de la Fuente, informaron das consecuencias da Lei de Seguridade Cidadá entre a mocidade de Santiago de Compostela. Desde Galiza Nova denunciamos así “o atentado contra os dereitos básicos e liberdades que entraña a Lei Mordaza”, dixo Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova, perante esta lei aprobada no Congreso polo PP e que comezará a aplicarse a partir do 1 de xullo.

O responsábel comarcal de Galiza Nova en Compostela, Hugo Rei, afirmou que “a intencionalidade do PP é calar a mocidade galega e a contestación social” e recordou que O BNG e Galiza Nova mobilizáronse durante os pasados meses contra esta lei e votou en contra dela no Congreso “porque consagra o estado policial co obxectivo de silenciar e amordazar a crítica, denuncia e mobilización social”.

Galiza Nova Reparto Lei Mordaza 2“As compañeiras e compañeiros de Galiza Nova e do BNG que teñen paralizado desafiuzamentos, pasarán con esta lei a seren delincuentes, cando os delincuentes son os corruptos desalmados que deixan na rúa a 7 persoas cada día na Galiza” afirmou Alberte Mera, que informou que tentar impedir un desafiuzamento suporá unha sanción de 600 a 30.000€.

Gravar a policía, desobediencia ás forzas do estado, ocupar unha sucursal bancaria, son outras das actividades sancionábeis, así como manifestarse perante o Parlamento Galego, o Congreso ou Senado españois ao que se estipulan até 600.000€.

Legalízanse as listas negras de manifestantes, militantes nacionalistas, activistas, sindicalistas, feministas, estudantes, xornalistas… “sempre estivemos nas listas negras, pero é o colmo que agora sexan legais!” afirmou Mera, para quen outro gran inconvinte son as taxas xudiciais para recorrer a sanción económica e administrativa, pois dependerá de maneira proporcional á contía da multa.