Contra a criminalización dos nosos símbolos! Participa da iniciativa social para encher Riazor de bandeiras galegas.

A nosa organización distribuirá bandeiras da patria entre as e os asistentes ao partido deste domingo en Riazor, para denunciarmos a persecución e criminalización dos nosos símbolos logo dos sucesos acontecidos a semana pasada no partido Valladolid-Deportivo cando membros da Policía Nacional e de seguridade privada da empresa Eulen requisaron as bandeiras galegas que portaban varios membros da afección galega que entraban no estadio do Valladolid, alegando un problema de orde pública e cuestión de seguridade. Incluso se realizaron retencións de siareir@s que portaban a bandeira do país, mentres símbolos franquistas se introducían no estadio sen impedimento algún.

 

Queren invisibilizarnos como pobo até nos estadios pero non o van conseguir!!!

Enchamos este domingo Riazor dun ceo de bandeiras da Patria!