Contra a ilegalización. Polas liberdades civís e políticas

Galiza Nova reitera o compromiso na defensa das liberdades civís e políticas e denuncia a criminalización do movemento soberanista galego e a ilegalización de Causa Galiza, rexeitando a campaña política e mediática de persecución que se está a desenvolver, a vulneración de dereitos e a lei antiterrorista española.

Demandamos desde a organización xuvenil nacionalista garantías para o pleno exercicio das liberdades de reunión, asociación e manifestación de todas as galegas e galegos. Por iso e siximos o levantamento da suspensión das actividades a Causa Galiza.

Neste senso, amosamos -como xa temos feito en anteriores ocasións- o noso firme compromiso na defensa dos dereitos humanos.

O Estado Español está a perseguir os dereitos máis básicos democráticos e de liberdades de expresión, que impuxo por medio da Lei Mordaza e as súas sancións xudiciais e administrativas.