A Asemblea Nacional extraordinaria celebrada o pasado 5 de outubro ven de elixir a Paulo Rios Santomé como novo Secretario Xeral da Galiza Nova. Acompañándoo na candidatura, outras 48 mozas e mozos de todo o país forma a que será a nova Dirección Nacional ata o próximo periodo asemblear ordinario.
O encontro estivo marcado por un fondo debate, establecendo como obxectivo a estabilidade organizativa e sumar forzas para continuar a ser a organización xuvenil de referencia nacionalista de referencia no país. A análise de erros e acertos do último ano deben servir como base para comezar un proceso participativo en todas as Asembleas Comarcais que finalizará na vindeira Asemblea Nacional Ordinaria.
Galiza Nova encara este novo periodo interasemblear inserido nun contexto nacional e internacional incerto, no que a mocidade galega deberá dar un paso adiante para a consecución dun futuro digno, con traballo, dereitos sociais e liberdades. Temos a obriga de ofrecer as alternativas programáticas que a mocidade de hoxe precisa nas vilas e cidades, no ensino, para a creación de traballo digno na nosa terra e para a superación do machismo e do heteropatriarcado.
Dirección Nacional de Galiza Nova
A actual Dirección Nacional está composta polas primeiras 25 persoas da candidatura eleita. Sendo as que ocupan os postos de 1 ao 9 as que forman parte da Comisión Permanente de Galiza Nova, e ás que se lle sumarán as responsábeis da Asemblea LGBT e da Asemblea de Mulleres:
1 Pablo Ríos Santomé (Kai)
2 Navia Rivas de Castro
3 Alberto García Nicolás
4 Marta Gómez Martín
5 Anxo Núñez Fernández
6 Uxía Couto Escobar
7 Daniel Castro García
8 Nerea Cazás Fraga
9 Martín Agrelo Janza
10 Iria Carreira Pazos
11 Marcos Fernández Rodriguez
12 Arantxa Santos López
13 Manuel Magán Abollo
14 María Bará Louro
15 David Neira Caridad
16 Claudia Rivera Rivas
17 André Vidal Capón
18 Claudia Quintela Misa
19 Diego Bará Louro
20 Icía Abraira Castro
21 Alexandre Garrido López
22 Stella González Fuentes
23 Brais Gómez Martín
24 Alexandre Louzao Carreira
25 Lucía Veciño Souto