A XV Asemblea Nacional de Galiza Nova decidiu reelixir este sábado a Alberte Fernández Silva como Secretario Xeral co 94,4% dos votos a favor. A candidatura presentada á Dirección Nacional, integrada por 50 mozas e mozos, foi elaborada desde as bases e de maneira plural, contando con máis mulleres que homes.
O encontro caracterizouse polo compañeirismo e polo debate para mellorar o traballo e o activismo da organización xuvenil do BNG. O exercicio da autocrítica, detectando os erros e pondo en valor os acertos, desenvolveuse durante a sesión da mañá, finalizando coa aprobación por unanimidade do informe político da Dirección Nacional.
Xa pola tarde, houbo un amplo confronto de ideas para definir entre todas a nova estratexia xuvenil nacionalista. Neste sentido, as teses foron aprobadas por unanimidade. A través delas, Galiza Nova analiza a situación da mocidade galega, detectando as causas e culpábeis (sistema capitalista e sometemento de Galiza polo réxime español) e dotouse para os vindeiros anos dunha nova estratexia xuvenil nacionalista e un proxecto para unha acción política e social revolucionaria en favor da independencia de Galiza e da conquista dun futuro digno para a mocidade, con traballo, dereitos sociais e liberdades, e das alternativas programáticas que a mocidade de hoxe precisa nas vilas e cidades, no ensino, para a creación de traballo digno e na terra, para a superación do machismo e do heteropatriarcado.
A estratexia aprobada reafirma a Galiza Nova como ferramenta chave para aglutinar a mocidade, ampliar a conciencia nacional das persoas máis novas e proporcionarlles unha organización útil para defenderse, plural, aberta e unitaria, ao tempo que marca coma imprescindíbel dinamizar e axilizar a estrutura da organización, aumentar o activismo e o traballo social e político en todas as frontes. Nesta liña tamén se destaca como fundamental relacionar os problemas e intereses diarios da mocidade galega co ideario nacionalista, onde se atopa a resposta a todos eles.
Logo dun debate rico grazas á masiva participación de militantes e simpatizantes de Galiza Nova, Alberte Fernández afirmou na clausura da Asemblea Nacional que “o nacionalismo é a alternativa para os problemas do día a día da mocidade galega”. Galiza Nova comeza unha nova etapa, na que se marca como obxectivo relanzar o BNG entre a mocidade. Na súa intervención na sesión de clausura, Fernández Silva recoñeceu que Galiza Nova representa o proxecto do nacionalismo xuvenil para a mocidade galega de hoxe, un proxecto vivo e colectivo para construír unha Galiza para a mocidade, onde o traballo digno sexa unha realidade e a emigración cousa do pasado.
DIRECCIÓN NACIONAL DE GALIZA NOVA
A nova Dirección Nacional electa (co 99,4% dos votos a favor) conxuga militancia con experiencia na loita e activismo con ampla renovación mais tamén aproveitando a experiencia adquirida neste período. As 9 primeiras persoas forman parte da Comisión Permanente de Galiza Nova.
- Alberte Fernández. Actual Secretario Xeral de Galiza Nova. Pontevedrés, 25 anos, graduado en Historia e especializado en Historia Contemporánea. Participou no movemento estudantil nacionalista a través dos Comités e a Liga Estudantil Galega. É integrante do Consello Comarcal e do Consello Nacional do BNG.
- Claudia Quintela, Graduada en Filosofía. Actual Responsábel de Organización. Participou do movemento estudantil cos Comités e Erguer. Estudantes da Galiza, facendo parte dos seus organismos nacionais.
- Alexandre Louzao, Santiago de Compostela. Enxeñeiro industrial. Participou activamente no movemento estudantil a través dos Comités.
- Navia Rivas De Castro, Doutoranda en filosofía. Integrante do Consello Nacional do BNG.
- Anxo Núñez Fernández, Estudante de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma. Actual Responsábel Local do BNG en Outes.
- Iria Carreira Pazos, Arzúa. Médica e activista no movemento feminista.
- Paulo Ríos Santomé (Kai), Moaña. Cociñeiro de profesión e estudante de Socioloxía , actualmente é concelleiro do BNG en Moaña.
- Lucía Veciño Souto, Graduada en Historia e especializada en estudos de Xénero.
- Daniel Castro García, Estudante de Filoloxía Galega na USC e graduado en Linguas Estranxeiras pola UVigo. Foi activista no movemento estudantil cos Comités e actualmente fai parte da Executiva Comarcal do BNG.
- Iria Buíde, Lugo.
- Martín Agrelo Janza, Pontevedra-Caldas.
- Uxía Couto Escobar, Pontevedra-Caldas.
- Miguel Bouzó Rodríguez, O Condado.
- Rebeca Cambeiro Graña, Compostela.
- André Vidal Capçon, Baixo Miño.
- Marta Gómez Martín, Pontevedra-Caldas.
- Alberte Calo, Compostela
- David Neira Caridad, A Coruña.
- Claudia Rivera Rivas, Pontevedra-Caldas.
- Alexandre Garrido López, Compostela.
- María Bará Louro, Pontevedra-Caldas.
- Marcos Vilamor Pérez, Compostela.
- Olalla Rodil Fernández, Lugo.
Estiveron presentes as seguintes organizacións xuvenís internacionais:
EFAy
Gazte Abertzaleak (Euskal Herria)
Jovent Republicá (Catalunya)
Joves PV (País Valenciá)
Juventude Comunista Portuguesa (Portugal)
Juventude do Bloco de Esquerda (Portugal)
La Forja (Catalunya)
Saúdos recibidos:
Curuxa Feminista
Arran
Yesca
Ernai
Més per Mallorca
UDB
Plaid (Gales)
Organizacións nacionais asistentes na clausura:
A Mesa Pola Normalización Lingüística
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Confederación Intersindical Galega (CIG)
Erguer. Estudantes da Galiza
Federación Rural Galega (FRUGA)
Unión da Mocidade Galega (UMG)