Cartaz incineración da LOMCE copiaEste mércores 18 acode ao acto de incineración da LOMCE que terá lugar ás 11:30h diante da Consellería de Educación en Compostela, convocado pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

Así mesmo, convidamos á mocidade a enviar correos ao propio conselleiro de Educación cos por ques do NON Á LOMCE por medio do correo conselleiro.cultura.educación@xunta.es.

Non podemos aceptar unha lei educativa españolizadora, ao servizo dos mercados, onde o galego será excluído do proxecto curricular e no que no que a relixión volverá entrar con forza na educación!

Queremos un sitema educativo GALEGO, LAICO, PÚBLICO e de CALIDADE!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *