Debate, propón, interven! Asemblea coa mocidade en Pontevedra

1653583_798209343573978_5409989002845888136_nA participación da mocidade é clave. Dá un salto adiante por Pontevedra! Escoita, debate, propón, intervén… a túa opinión conta!

O BNG de Pontevedra convoca ás mozas e mozos de Pontevedra o VENRES 3 de OUTUBRO, ás 20H, no Centro Social do GORGULLÓN, para mantermos un debate activo arredor das principais preocupacións e problemáticas da mocidade. Neste encontro contaremos coa participación de Miguel Anxo Fernández Lores, Demetrio Gómez Xunqueira e Sabela Bará.

Tócache falar a ti! Difunde e participa!