Denunciamos a deportación dun mozo compostelán

2013070711312833862Galiza Nova denuncia a expulsión e deportación dun rapaz de 19 anos. O mozo reside na Galiza desde hai máis de 14 anos coa súa familia. A súa detención produciuse o pasado 22 de novembro tras a orde da xustiza española coa intención de deportalo fóra do país, e foi expulsado o sábado a Paraguai.

Desde Galiza Nova entendemos que ningunha persoa é ilegal, pois defendemos que o noso país debe ser un exemplo de solidariedade aberto a todas as persoas que queiran vivir e traballar na Galiza, independentemente do seu lugar de nacemento. Non aceptamos a xenofobia e a criminalización das persoas migrantes.

Reclamamos a súa volta a Galiza e a súa posta en liberdade para que poida vivir dignamente no noso país, que tamén é o seu, xunto á súa familia. As persoas que deberan ser deportadas son aquelas que expulsan a nosa mocidade coas súas políticas desde o goberno central do Partido Popular.

Queremos que ninguén teña que marchar do noso país nin por cuestións económicas nin xudiciais!