Denunciamos a hipocrisía de Novas Xeracións

Dende Galiza Nova, consideramos prioritario defender e favorecer o ensino público galego e as políticas laborais de integración social fronte ás políticas prohibicionistas do PP

“͞Dende a chegada de Feijóo á Xunta de Galiza, a mocidade vimos como foron desaparecendo as políticas de lecer e xuvenís, deixando sen alternativas de ocio a meirande parte da mocidade, no que ten a ver co nocturno͟”, afirmou Alberte Fernández, responsábel da Comarca de Pontevedra. É por isto, polo que dende Galiza Nova consideramos ͞hipócrita͟ a posición de Novas Xeracións a respecto do botellón en Pontevedra.

Lamentamos que a organización xuvenil do Partido Popular non se teña preocupado en igual maneira pola desaparición do servizo Noitebus, que conectaba os diferentes puntos do ocio xuvenil e que era tamén unha forma de salvar vidas no ocio nocturno͟. Ademais amosámonos en contra das ͞políticas criminalizadoras e prohibicionistas do PP͟ cara a mocidade, xa que ͞pretenden prohibir o paso das persoas ao Recinto Feiral en función da hora, independentemente de se están consumindo alcol ou non.

A presidenta local de Pontevedra afirmaba estes días que “hay que concienciarse de que es un problema de toda la sociedad: padres, educadores, instituciones y nosotros mismos” cando solicitaba controis de acceso ao Recinto Feiral nas noites da fin de semana. Dende Galiza Nova, aconsellámoslles que, se tan preocupadas están pola mocidade, que revertan as políticas que levaron a cabo os seus compañeiros de partido, forzando á mocidade galega ao desemprego, a emigración, a precariedade…͟.

Solicitamos a derrogación da LOMCE e a implantación de políticas de inclusión, educación en valores, políticas de lecer e saúde no canto de multas e prohibicións á mocidade.