Denunciamos desde o aire que a UE deixa colgada a Galiza.

rIMG_3663Membros de Galiza Nova denunciaron as políticas da UE que arruínan a Galiza colgándose dunha ponte en Lugo. A Unión Europea e a aplicación das súas políticas polo PPSOE supón a ruína do noso País (agro, pesca, industria…), a destrución dos postos de traballo, recortes nos servizos públicos e a implantación de reformas laborais que condenan á mocidade galega á precariedade, explotación e emigración. Todo para o beneficio da banca e dos especuladores!!

100 000 moz@s marcharon da Galiza nos últimos 5 anos e 70 estano a facer diariamente en busca de posibilidades de vida que se lles nega na propia terra. Con máis do 50% da mocidade galega no desemprego, é necesario levar a Europa a nosa loita contra as políticas laborais da UE e de España.

Rebélate co BNG! Rebélate co teu voto!