Denunciamos o pacto entre a patronal e os sindicatos españois no SMI

Dende Galiza Nova rexeitamos abertamente o acordo tomado polos sindicatos españois UGT e CCOO co goberno do estado de Mariano Rajoy e a patronal española cunha subida totalmente insuficiente do Salario Mínimo Interprofesional e consolida a realidade galega onde os salarios están un 15% por baixo da media do Estado.

Máis grave aínda é o feito de que os incrementos se condicionen a que o PIB do Estado español sexa superior ao 2,5 e que haxa unha media de 459.000 novos cotizantes á Seguridade Social.

Denunciamos que é necesario que se implemente o Marco Galego de Relacións Laborais, no que o verdadeiro sindicalismo do noso país, a CIG, teña voz e voto para defender os dereitos da mocidade e da clase traballadora galega, para podermos contar cunhas condicións laborais e salarios dignos.

Nese sentido a Confederación Intersindical Galega reclama un salario mínimo interprofesional de 857 euros inmediatamente e aposta pola mobilización para conseguilo e non o pacto sistemático coa patronal e o goberno español.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *