A pasada noite, o noso compañeiro Pablo Blanco, foi vítima dunha agresión fascista cando andaba polo rúa na cidade de Pontevedra. Ao lonxe, un grupo de rapaces entre 20 e 25 anos atacaron ao compañeiro, correndo cara el e dándolle patadas ao berro de “isto é España”. Cal foi o motivo? Vestir unha camisola coa bandeira da nosa patria, expresar públicamente a súa ligazón a Galiza na busca da mellora das condicións materiais de vida das clases populares galegas.
O compañeiro Pablo foi atacado e rodeado por este grupo de fascistas, e grazas a outro grupo de rapaces e rapazas que pasaban por alí, puido librarse dun peor desenvolvemento dos acontecementos.
Dende Galiza Nova denunciamos e rexeitamos a agresión e denunciamos a impunidade coa que actúan estes grupúsculos, avivados polos medios de comunicación do estado español, co seu discurso antiindependentista e propagador do odio ao diferente.
No 40 aniversario da constitución española afirmamos que o franquismo nunca se foi, e que levamos 80 anos de franquismo de facto. O nacionalismo e o indepentismo galego témolo claro, o único camiño é a ruptura do estado español, a creación dunha República Galega ao servizo das clases populares galegas. Desde Galiza Nova traballamos pola construción desta República Galega, social e democrática, que desterre o fascismo das nosas vilas, cidades e rúas, unha República Galega onde polo simple motivo de levar camisola coa bandeira da liberación da Galiza, non che den unha malleira pola rúa. Organicemos o antifascismo galego, construamos un futuro mellor para a nosa terra. Por nós e para nós, República Galega