Desmontando o canon de beleza en Mondoñedo

desmontando-as-violencias-simbolicas-dos-canons-de-belezaEste sábado 3 de decembro a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova celebra en Mondoñedo un obradoiro que leva por lema “Desmontando as violencias simbólicas dos canons de beleza”. Esta actividade servirá para analizar e debatermos sobre os canons de beleza impostos como agresións contra os corpos das mulleres.

Esta actividade contará coas intervencións de Arantxa Santos, Militante de Galiza Nova, e Olalla Rodil, Deputada do BNG no Parlamento Galego. Agardámoste o sábado 3 de decembro ás 18 horas, no salón de actos do Centro Comarcal de Mondoñedo (Rúa Julia Pardo).

É hora de destruír a idea que o patriarcado e o capital nos queren impoñer e reivindicar os nosos corpos diversos nos que só nós mesmas debemos decidir.

Insubmisas e Rebeldes, loitamos por unha Galiza feminista!