Desmontando o canon de beleza en Pontevedra

obradoiro-pontePontevedra acollerá este venres 18 de novembro unha xornada aberta de coloquio baixo o lema “Desmontando o canon de beleza”. Esta actividade contará coas intervencións de Mai Insua, psicóloga e terapeuta sexual, e de Iria Figueroa pola Asemblea Comarcal de Mulleres de Galiza Nova. Analizaremos e debateremos sobre os canons de beleza impostos como agresións contra os corpos das mulleres.
Agardámoste ás 19 horas, na Casa da Luz (Praza da Verdura, Pontevedra).
Insubmisas e Rebeldes, loitamos por unha Galiza feminista!