Desterra a LGTBIfobia das aulas da Galiza. Domingo Neira fóra da Universidade!

IMG_20131127_190444Non consentir, denunciar e actuar ante os discursos que se lanzan contra o colectivo LGTBI é o camiño cara a conquista da igualdade e o fin da discriminación, como vén de facer o alumnado de Maxisterio na USC denunciando publicamente e recompilando sinaturas contra o profesor Domingo Neira polos seus ataques verbais contra as persoas LGTBI.

Non son de novo os comentarios homófobos e as actitudes machistas do profesor Domingo Neira, titular da materia ‘Didáctica e profesión docente’ que afirmou desde que “a homosexualidade é contaxiosa” até que “os homosexuais carecen de hombría e non poden educar” ou que “as lesbianas teñen un cromosoma XXX que explica o seu comportamento non normal” e que “tanto o dos maricóns como o dos pederastas é unha enfermidade conxénita”.

O noso orgullo, a nosa loita!