DESTERREMOS A LGTBIFOBIA! DENUNCIAMOS A AGRESIÓN HOMÓFOBA DA CORUÑA

orgullosas-300x200Vimos de ter coñecemento de que na noite de Fin de Ano se produciu unha agresión de carácter homófobo na cidade da Coruña. Dous mozos agrediron a outro chegando incluso a roubarlle as súas pertenzas, polo mero feito de ser gai. Ademais de escoitar insultos, este rapaz tamén recibiu unha malleira ata acabar cun ataque de pánico que o deixou sen forzas para reaccionar.

Dende a Asemblea LGTBI de Galiza Nova queremos mostrar a nosa máis enérxica repulsa por este acto e tamén mostrar a nosa solidadariedade co compañeiro agredido.

Nunha sociedade dominada polo heteropatriarcado, a violencia LGTBIfóbica aínda goza de certa impunidade, chegando a ser o delito de odio máis frecuente no Estado español. O feito de ser trans, gai ou ser muller mantennos nunha tensión continua en situacións tan correntes coma camiñar tranquilamente pola rúa. A ausencia dunha lexislación que identifique estes tipos de violencia e impoña sancións específicas, fai que a situación se agrave e que a inmensa maioría destes delitos queden impunes ou mesmo sen denunciar, xa que a vítima en moitos casos vese totalmente desamparada ante a lei.

Dende Galiza Nova unha vez máis condenamos enerxicamente a LGTBifobia e a súa violencia, e por extensión opoñémonos a tódas as formas de violencia mediante as cales o sistema heteropatriarcal nos oprime. Por iso reiteramos a nosa implicación e fondo compromiso coa loita polos dereitos de identidade de xénero e de liberdades sexuais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *